Ferido de gravidade un home tras ser golpeado pola pasarela de subida de maquinaria a un tráiler

Un varón, duns cincuenta anos de idade e que responde as iniciais J.A.O.S., foi golpeado esta tarde pola pasarela de subida de maquinaria a un tráiler góndola, mentres realizaba labores para desenganchar a estrutura da pala acoplada ao seu tractor, resultando ferido de gravidade.

Os feitos tiveron lugar en torno ás 18 horas desta tarde no recinto da ITV. Unha patrulla da Policía Local, acudiu ao lugar e o ferido foi trasladado ao HULA polos servizos de emerxencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com