Galicia Fest, un proxecto de fin de grao que busca converterse nunha plataforma dos festivais galegos

Galicia Fest é un proxecto que busca reunir toda a información dos festivais de música de Galicia nunha única plataforma, ademais de realizar un documental sobre os mesmos. O produto principal do traballo é un documental sobre a historia destes, dende os seus comezos ata a actualidade. para a realización do proxecto realizaranse entrevistas aos responsables de ca da festival, asemade incluiranse imaxes de arquivo, así como imaxes propias dos diferentes eventos.

Un dos obxectivos do proxecto é ter unha grande presencia  nas redes sociais, xa que estas son empregadas por un público cun rango de idade ao que busca dirixirse; empregaranse para informar e promocionar os distintos festivais. Tamén hai que destacar que o traballo conta cunha canle de Youtube onde se irá subindo contido propio sempre cun tema central: a música e os festivais.

Equipo

O equipo encargado de desenvolver este proxecto está formado por : Nerea Fernández (Lugo), Berta Pan Cambón (Arteixo, A Coruña), Julia Saavedra Gayoso (Guitiriz, Lugo) e Cristina Pérez Lado (Vimianzo, A Coruña catro alumnas da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, concibido como Traballo Fin de Grao.

Na actualidade, o equipo de Galicia Fest xa pasou pola súa etapa de documentación e están a realizar as primeiras entrevistas que formarán parte tanto da web como do documental.

Galicia fest dispón xa  dunha páxina web onde se irá engadindo atoda a información actualizada de todos os festivais galegos, vídeos de entrevistas e imaxes realizadas nos propios festivais.

O equipo fará a súa primeira parada no OurenRock, festival celebrado esta fin de semana (02/03 de Xuño).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com