" />

A Garda Civil investiga a un conductor sen permiso de conducción

A Garda Civil de Lugo investiga a un home de 70 anos e nacionalidade portuguesa, veciño de Guntín, que circulaba a pesar de non ter o permiso de conducción. Os feitos ocorreron na tarde de onte, sobre as 19.00 horas , á altura do km 2 da estrada LU-SN entre Calde e Paderne, cando unha patrulla da Garda Civil de Tráfico procedeu á identificación do conductor, atopando que non obtivera nunca a licenza.

No interior do vehícula viaxaba, ademáis, o neto do propio conductor, de 2 anos, facendo uso do sistema de retención infantil. Asemade, facía dous meses que a Garda Civil xa instruíra dilixencias polo mesmo motivo ao conductor investigado.

O investigado foi citado a fin de comparecer o vindeiro luns no Xuzgado de Instrucción Nº2 de Lugo para a celebración dun Xuízo Rápido. As penas que recolle o Código Penal para este tipo de delito van dos tres aos seis meses de prisión ou unha multa de 12 a 24 meses, ou con traballos de beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo