As institucións da cidade condenan o atentado de Manchester

A Corporación municipal de Lugo, coa a Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes da entidade provincial, e veciños e veciñas, así como ediles dos distintos partidos con representación muncipal, participaron este martes na concentración que tivo lugar diante da casa consistorial para gardar un minuto de silencio en repulsa polo atentado ocorrido onte pola noite na cidade británica de Manchester e en solidariedade e afecto cara as vítimas e os seus familiares.

Tamén representantes do Goberno estatal concentráronse diante da Subdelegación de Goberno este mediodía. O subdelegado do Goberno presidiu este acto acompañado polo coronel da Garda Civil, Miguel Ángel González, o comisario xefe provincial da Policía Nacional, Antonio Villamarín, o subdelegado de defensa en Lugo, coronel Carlos Boado, o director provincial do ISM, José Vicente Prieto, así como polo personal da subdelegación e os cidadáns que quixeron sumarse a esta homenaxe. Ramón Carballo expresou a súa condena ó atentado e a súa solidariedade coas víctimas e as súas familias.

Asimesmo, e como testemuña de condolencia, as bandeiras ondean a media asta no edificio da subdelegación do Goberno dende as 10:00 horas de hoxe ata as 10:00 horas do día 25 de maio de 2017.

O ataque matou alomenos a 22 persoas, entre elas menores de idade, e 59 resultaron feridas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com