" />

Jaime Castiñeira denuncia que o Concello de Lugo incumpriu a regra de gasto en 2016

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, denuncia que a administración local incumpriu en 2016 o obxectivo da regra do gasto. Nesa liña, Castiñeira explica que, de acordo coa liquidación orzamentaria cuxa tramitación aprobou onte a edil de Economía durante o pleno, o Concello de Lugo rexistrou o ano pasado unha taxa de variación dun 7,81%, moi por riba do 1,8% prevista polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas como máximo para ese exercicio.

O voceiro popular tildou esta situación como “o enésimo despropósito no ámbito da dirección política da área de Economía”, que se vén a sumar, afirmou ao crecemento “descontrolado” na demora do Período Medio de Pagamento a Provedores ou á “situación” que supón que se atopen sen contrato as empresas que xestionan máis do 40% dos servizos externalizados.

Así mesmo, Castiñeira explica que “incumprir a regra de gasto” ten unha dobre consecuencia: por unha banda, obriga ao Concello de Lugo á elaboración dun plan económico-financeiro no que se detallen, entre outros aspectos, as causas do incumprimento deste obxectivo e as medidas a adoptar para corrixir a situación; e, pola outra, somete á administración municipal á tutela doutras administracións, que son as que teñen que avaliar a proposta municipal.

 

Por outra banda, o voceiro popular sinala que o interventor municipal, no informe que acompaña á liquidación, reitera a urxencia de licitar de novo todos os servizos que se prestan sen contrato. En concreto, fala da necesidade de arbitrar procedementos administrativos para a prestación de servizos e subministros.

Finalmente, Castiñeira tamén fixo fincapé na “demora” coa que o goberno municipal aproba este documento que, legalmente, debería estar realizado antes do 1 de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo