" />

Jonathan Pereira, novo xogador do CD Lugo

Na tarde de hoxe, o Club Deportivo Lugo e o xogador Jonathan Pereira chegaron a un acordo para a incorporación do futbolista galego á disciplina do club albivermello de cara á próxima tempada.

Pereira (Vigo, Pontevedra, 12 de Maio do 87) desempéñase na posición de dianteiro e acumula experiencia ao máis alto nivel durante unha longa traxectoria, a pesar da súa mocidade, en clubs como Vilarreal CF, Real Valladolid, Real Betis Balompie ou Raio Vallecano, entre outros.

Futbolista de calidade e desborde, acumula máis de douscentos partidos entre Primeira e Segunda División, destacando polo seu xogo veloz e a súa técnica depurada en Chega ao CD Lugo por espazo inicial dunha tempada.

A presentación do novo xogador albivermello realizarase no estadio Anxo Carro, en acto de portas abertas para que todos os afeccionados e afeccionadas poidan dar a benvida ao dianteiro á súa nova casa. A hora e data da mesma comunicarase en próximas horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo