" />

Lugo Monumental solicita ao Concello que os aparcadoiros do centro sexan de balde

A Asociación Lugo Monumental rexistrou durante a mañá de hoxe unha solicitude dirixida ao Concello da cidade en que solicita “a gratuidade dos aparcadoiros municipais de Santo Domingo, Constitución e Praza do Ferrol, o que reportaría innumerables vantaxes para a afluencia de público ao centro histórico.

A libre disposición destas prazas liquidaría en gran medida o acceso de clientes aos negocios da zona, que poderían competir así en igualdade de condicións coas grandes áreas que ofrecen aparcadoiro gratis aos potenciais compradores”.

En canto á reivindicación en si, Lugo Monumental entende que “o feito de que os aparcadoiros subterráneos fosen edificados en chan público do propio Concello fai que proceda o seu rescate, xa que ese mesmo argumento é o que utiliza o goberno local para esixir a gratuidade do subterráneo do HULA, polo que sería incongruente non apoiar esta petición.

As case 650 prazas de aparcadoiro que se poñerían desta forma a disposición da cidadanía (237 en Praza do Ferrol, 223 en Santo Domingo e 188 no de Praza Constitución) aliviarían en gran medida o problema de aparcadoiro no centro histórico, e servirían para que unha dos principais motivos de queixa da zona se puidese liquidar.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo