Lugo por Palestina protestará pola partido do Breogán contra o equipo israelí Hapoel

A Plataforma Lugo por Palestina convocou para esta tarde unha concentración por motivo do partido entre o Breogán e o Hapoel, un equipo de baloncesto equipo israelí, ás 18.30 horas na entrada da Facultade de veterinaria. Tamén protestarán pola prohibición do Breogán a entrar no Pazo con simboloxía palestina e contra a guerra. 

“Desde Lugo por Palestina lamentamos que a presenza dun equipo israelí veña a alterar a convivencia nunha cidade absolutamente pacífica que vai a sufir unha blindaxe policial que, ademais de causar trastornos e molestias, correrá á conta do erario público”, sinalaron nun comunicado.

Dende a plataforma engadiron que “a cifra actual de nenas e nenos asasinadas por Israel en mes e medio equivale ao número de asentos dos que dispón o Pazo Provincial. Por iso, esiximos que se garanta o exercicio dos dereitos e liberdades constitucionais, permitindo protestar pacificamente a aquelas persoas que desexen facelo”.

Esta asociación aproveitou o comunicado para pedir ao goberno central e ás autoridades deportivas  “a prohibición aos equipos israelís de participar nas súas competicións, especialmente as europeas, mentres Israel continúe realizando o xenocidio contra o pobo palestino, mentres siga ocupando ilegalmente o seu territorio, e mentres non sexan sentados na Corte Penal Internacional (CPI) para ser xulgados por crimes de lesa humanidade”.

Comunicado da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo emitiu un comunicado no que condearon calquera restrición do dereito da cidadanía á protesta pacífica.

“A exhibición de bandeiras de estados recoñecidos pola Organización de Nacións Unidas, como é o Estado Palestino, non incita á violencia nin ao odio. É o símbolo do dereito a existir dun Estado lexítimo”, afirman.

Aproveitaron tamén para condear os ataques á poboación civil palestina e pedir o cese ao fogo e unha saída pacífica do conflito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com