" />

Lugonovo alerta do abandono dalgunhas leiras próximas ao casco histórico

A portavoz municipal de Lugonovo, Cristina Pérez Herraiz, alertou hoxe do “perigo para a cidadanía” que constitúe a proliferación de soares en estado de abandono. Pérez Herraiz centrou as súas críticas na situación do terreo que se estende entre os números 11 e 17 da rúa Cidade de Viveiro, nas proximidades da Muralla e “a menos de cen metros da Catedral”. Un espazo derruído, invadido pola vexetación e que constitúe unha estampa de abandono ao carón do centro histórico e monumental da cidade.

“O prexuízo para a cidadanía non é só estético” sinalou a portavoz, quen salientou “o problema da insalubridade xa que entre a maleza e as ruínas da casa a piques de caer atopan o seu espazo ideal de cría todo tipo de insectos e mesmo ratas. Un panorama que preside, ademais, unha rúa que serve como unión entre os nosos Patrimonios da Humanidade e o parque Rosalía de Castro.

Para Cristina Pérez, esta situación enmárcase nunha problemática xeral que Lugonovo vén detectando e denunciando na cidade, con preocupación polo seu carácter crecente. “Ultimamente estamos a ver máis ca nunca o abandono da cidade” denunciou a portavoz. Isto sucede tanto “por parte do goberno municipal como de moitos propietarios” engadiu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo