Lugonovo denuncia que o Concello empregue auga potable para baldear as rúas e regar os xardíns públicos

A agrupación municipal Lugonovo tilda de “descontrol” que o Concello de Lugo utilice auga potable para regar xardíns e baldear rúas. Segundo explica o voceiro de esta agrupación, Santiago Fernández Rocha, “cada día, se destinan a este uso unha cantidade inxente de litros”.

Para Fernández Rocha, a auga sen depurar, a só 9 céntimos o metro cúbico, vale para regar xardíns e baldear as rúas e é case á metade de custo que a auga potabilizada ca que o Concello gasta 17,7 céntimos por metro cúbico, segundo asegura esta agrupación.

O voceiro de Lugonovo califica de “malgasto e despilfarro” este sobrecuste e aporta máis datos comentando que a administración local “en 2016 a administración local gastou 1.550.000€ en tratar para o consumo 8.729.534 metros cúbicos de auga dos que, aproximadamente, a poboación só demandou cinco e medio. Un desfase que o convirte nun investimento irrecuperable xa que case un 40% non se pode facturar”.

Santiago Fernandez Rocha sumou a esta denuncia, outra sobre os cinco traballadores que comproban os contadores da auga, xa que o considera unha infradotación de persoal. Asemade, critica que haxa dispositivos de lectura parados por condicionantes burocráticos mentres hai hogares nos que a antigüidade destes aparatos é superior aos 30 anos o que merma entre un 15 e un 20% a lectura real.

Os edís e a edil da formación denuncian igualmente que Lugo é unha das poucas cidades, “por non dicir a única”, que carece de regulamento ao respecto. “Un marco normativo fundamental para poder planificar o ciclo integral da auga e facelo máis eficaz e máis eficiente. Hai moito que mellorar primeiro antes de empaquetarlle aos cidadáns as consecuencias económicas de todos estes despropósitos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo