Lugonovo mantén a oferta de crear un goberno de progreso sen Orozco

Na xuntanza celebrada esta tarde por Lugonovo acordouse seguir mantendo a oferta que fixera aos socialistas para pactar un goberno de progreso para Lugo. A preguntas deste xornal, o cabeza de lista e concelleiro electo, Santiago Fernández Rocha declarou que, de momento, non houbo ningún tipo de movemento nin comunicación por parte do Psoe e subliñou que a organización que representa estudará nas vindeiras horas os pasos a seguir de cara a xornada do sábado, se todo continúa como ata agora. En canto a actitude do candidato López Orozco, Fernández Rocha declinou facer valoracións sobre asuntos internos doutros partidos, aínda que solicitou ao Psoe que “non nos coloquen nunha situación límite, porque daquela pode pasar calquera cousa”.

Pola súa banda Xosé Manuel Beiras que hoxe deu unha rolda de prensa con Rocha, deu o respaldo como responsable de Anova, unha das formacións políticas que están dentro de Lugonovo, á esixencia da plataforma lucense de que Orozco renuncie para propiciar que Lugo conte dende o próximo sábado cun goberno de progreso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com