" />

Lugonovo insta á Alcaldesa a deixar a bandeira arco da vella no Concello durante os actos do Orgullo Gay

Dende Lugonovo queren expresar o apoio e solidaridade aos colectivos de homosexuais, lesbianas e transexuais, no día da conmemoración do Día do Orgullo Gay.

“Así como noutros concellos de Galicia a bandeira do arco da vella colga dos balcóns e mastros, a nosa institución non debería ser menos, por iso esiximos a nosa alcaldesa que sexa receptiva a esta petición e manteña colgada a insiña ata que rematen os actos relacionados con este día”.

Lugonovo fixo asemade un chamamento a toda sociedade para que a vida pública e privada sexa respectada e gozada con normalidade e xenerosidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo