Lugonovo pide tolerancia cos manteiros do San Froilán e desmárcase do proceso de selección do Cronista do Concello

O Grupo Municipal Lugonovo amosou hoxe a súa preocupación polo fenómeno dos coñecidos como “manteiros” que cada ano se instalan na cidade polas festas do San Froilán.

“Sabedores de que a súa presenza incomoda especialmente para os pequenos comerciantes da cidade”, a concelleira Cristina Pérez Herráiz pide certa comprensión con este colectivo, no senso de que “só exercen a súa actividade en Lugo durante varios días” e subliña que non supoñen unha ameaza real e continuada para o sector “como sí o son as grandes superficies comerciais e as multinacionais ou unha mala política por parte das Administracións en canto ó apoio ás pemes e a promoción do emprendemento”.

Lugonovo declárase en contra das mafias “que os utilizan xa que os manteiros só son as víctimas das presións e as inxustizas que exerce o mundo rico sobre o pobre. Apartar a vista desta realidade non fai que o problema deixe de existir”.

Dende a formación consideran que a cidadanía debe ser permisiva ca súa presenza, aínda que ésta debe de ser reducida e limitada a un espazo concreto da cidade, “pero asegurándolles que podan contar con tódolos servizos para facer o seu traballo nas condicións máis dignas posibles”, concluíu Pérez Herráiz.

Doutra banda, Lugonovo desmárcase do sistema de elección do Cronista “imposto unilateralmente pola rexedora da cidade”.

Santiago Fernández Rocha, afirmou esta mañá que durante a Xunta de Voceiros celebrada onte pola mañá, “tódolos partidos da Corporación, agás alcaldesa, entenderon que a decisión de continuar ou non co proceso de selección dependería dunha nova votación, aprazada ata coñecer o resultado dos informes encargados a Cultura sobre a figura do Cronista e a súa raigame nesta e outras cidades de Galicia”.

“A nosa sorpresa foi cando esta mañá, Lara Méndez deu por feito na prensa, que o procedemento sairá adiante e que o fará segundo a súa proposta. Por iso, dende Lugonovo queremos aclarar que se é así, trátase dunha imposición e non dunha decisión consensuada e aprobada polo resto dos grupos e coa que nós non estamos de acordo porque consideramos que antepón os intereses populistas do equipo de goberno á discreción e respeto polos candidatos e a efectividade do proceso. Dende Lugonovo agardamos que agora a rexedora asuma coa mesma determinación as consecuencias da decisión que ven de tomar”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com