Lugonovo propón bonificar o IAE ás empresas que empreguen enerxías renovables e Cidadáns bonificacións para as que contraten traballadores

Unha aposta pola sustentabilidade. Así definen os edís de Lugonovo as primeiras modificacións que trasladarán á mesa de traballo das ordenanzas de 2018 para bonificar o IAE a aquelas empresas que utilicen enerxías renovables ou establezan convenios coa concesionaria do bus urbano como alternativa ao coche particular para os seus empregados.

 “Ao obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións causadas polos desprazamentos ao lugar de traballo cremos oportuno establecer unha bonificación na ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas. A rebaixa da cota correspondente podería ser de ate un 25% para incentivar aos negocios a que establezan un plan de transporte para os seus empregados”, explica o voceiro.

 “Trátase de aproveitar toda a normativa fiscal en vigor para facer unha cidade máis sostible, favorecendo a súa humanización e reducindo os niveis de tráfico actuais ao mesmo tempo que se potencian os modos alternativos de desprazamento”.

 Por outra banda, os concelleiros da formación solicitarán, igualmente, a inclusión na mesma ordenanza doutra bonificación similar para aqueles establecementos que produzan e utilicen enerxía a partir de equipamentos renovables ou sistemas de coxeneración.

Cidadáns, pola súa banda, presenta unha serie de bonificacións para aquelas empresas que contraten a máis traballadores ou se asenten no termo municipal de Lugo. Olga Louzao propón tamén unha modificación completa do recibo do IBI para que as familias paguen menos pola súa vivenda habitual e os pisos que estean baleiros paguen máis

 Louzao propón tamén, que os establecementos comerciais poidan reservar unha praza de estacionamento diante dos seus negocios destinada a que aparquen os seus clientes; que a tarxeta cidadá sexa gratuíta, que se bonifique a taxa por licenzas das obras que melloren a eficiencia enerxética das vivendas, que se inclúan as familias monoparentais na bonificación para as escolas infantís e que se aplique un criterio de renda ás familias numerosas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com