Lugonovo solicita un itinerario escolar seguro para o alumnado do CEIP Albeiros

A formación municipal, Lugonovo, solicita a creación dun itinerario escolar seguro para o alumnado do Colexio de Albeiros, xa que, segundo explican, cada xornada un tercio do alumnado deste CEIP acude á escola “polas cunetas, en fila india e aproveitando a escasa marxe que queda coa calzada ademáis de cunha escasa iluminación”.

Para o voceiro desta agrupación, Santiago Fernández Rocha, resulta “clamorosa” a situación na que se atopan estes nenos e nenas e reprocha á administración local que non faga nada ante a situación a que se ven sometidos a diario máis dun cento de pequenos desde fai anos.

O portavoz de Lugonovo, percorreu as inmediacións da escola para comprobar cal era a calidade das dotacións públicas e considerou que as rúas da zona encontranse “illadas” de todo desenvolvemento urbanístico. Segundo afirma Fernández Rocha, nesta comunidade educativa “reina o malestar e o descontento” ante esta situación e síntense, afirma o de lugonovo, “ignorados polo Concello”.

O voceiro refire que as vías que rodean ao CEIP de Albeiros son, moitas delas, de dobre dirección e con moita afluencia, onde os coches transitan a velocidades elevadas e sen espazos axeitados para o viandante, e apunta á proximidade da Rolda Norte.

Fernández Rocha considera que na zona falta sinalización tanto vertical como horizontal e chama ao Concello a poñer pasos de peóns, indicadores luminosos e máis alumeado público que visibilice aos alumnos e ao resto de veciños que precisen realizar este percorrido.

Os edís e a edil de Lugonovo consideran que a realidade obriga a elaborar, “con celeridade”, un estudo pormenorizado avaliando os puntos de risco que cómpre corrixir con maior uxencia e instan ao executivo local a “poñerse mans a obra e elaborar, igualmente, unha serie de itinerarios escolares que cumpran coas maiores garantías posibles de protección dos viandantes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo