" />

Mañá comezan en Becerreá as xornadas “As áreas de alta montaña na Unión Europea”

Dende mañá, sábado 28 de febreiro, e até o domingo 1 de marzo, a Alternativa Galega de Esquerda, en coordenación co Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, levará adiante na Casa da Cultura de Becerreá as xornadas “As áreas de alta montaña na Unión Europea: Unha perspectiva dende a esquerda”.

Este espazo de encontro, información e debate, impulsado pola deputada de AGE no Parlamento Europeo, Lídia Senra, ten como obxectivo o de analizar en profundidade o tipo de políticas que se están a aplicar nas zonas de alta montaña, tomando como eixo central a valoración que das mesmas realizan as persoas residentes nestas áreas, para deste xeito “analizar a situación e debater sobre propostas de futuro para levar ás institucións nas que temos presenza”.

“As políticas neoliberais, deseñadas polos diferentes estamentos da Unión Europea en base ás competencias que cada un deles ten, provocaron a desaparición de milleiros de explotacións agrarias no noso país”, valora Senra. “Este feito minou a base económica do medio rural e provocou o abandono e desertización de moitas áreas do noso país, sendo as máis afectadas as zonas de alta montaña”.

Estes espazos teñen un grande valor para a sociedade, do que ás veces non somos conscientes. É nestas zonas onde gardamos boa parte da nosa biodiversidade, “e para iso é fundamental que haxa persoas exercendo a actividade agraria vivindo na zona”, enfatiza a eurodeputada galega, polo que “cómpre facer políticas activas para que as persoas podan manterse e vivir na montaña”, xa que, reiterou, se non hai persoas vivindo na montaña, “é imposíbel manter o territorio e salvagardar a riqueza e o patrimonio que hai nela”.

Para a eurodeputada galega, cando se ataca aos sectores produtivos básicos, “acábase atacando ao propio país”. Polo tanto, “se queremos ter futuro no noso país e como país, se queremos conservar o medio ambiente, se queremos manter a biodiversidade”, engade, “cómpre recuperar o rural, empezando polas áreas de alta montaña.” Iso sí, proseguiu, “nesta tarefa fai falla o compromiso de toda a sociedade. Dende AGE queremos poñer o noso gran de area”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    J Eduardo Veiga (@JEduardoVeiga)
    Feb 27, 2015 - 09:20 PM

    Mañá comezan en Becerreá as xornadas “As áreas de alta montaña na Unión Europea” – Xornal de Lugo http://t.co/aVFmgZ7j08

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo