Manifestación dos gandeiros en Lugo

A tractorada que comezara hai unha semana para reivindicar un prezo xusto para o leite, ten hoxe unha xornada crucial, xa que da xuntanza que se esta a celebrar nestes intres no Ministerio de Agricultura en Madrid depende, segundo as medidas que se adopten, o futuro do sector. Para apoiar as negociación da capital do estado  os gandeiros estanse a manifestar polas rúas de Lugo. A marcha partiu de san Fernando pasadas as 11.30 . Previamente os gandeiros regalaron leite nunha campaña promovida polos concentrados para concienciar  aos consumidores de que axuden ao sector demandando leite galego, cando vaian mercar aos supermercados.

Aínda que a protesta remata hoxe pola tarde, non se descarta seguir coas mobilizacións, dependendo do que acorden na asemblea que se vai celebrar. Polo que haberá que agardar a saber cal é o resultado das negociacións de Madrid para saber que xiro toman os acontecementos.

Poden ver o video completo da noticia clicando aquí.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo