Medio Ambiente do concello duplica a colaboración municipal coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo

A Xunta de Goberno outorgará mañá a cantidade de 200.000 euros a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, esta achega corresponde ao ano en curso coa que a administración local pretende favorecer a protección dos animais abandonados no municipio.

O obxectivo desta achega – indicou o edil Álvaro Santos – non é outro que o de cooperar coa organización para, por unha banda, mellorar a atención e coidado dos animais que acollen nas súas instalacións, propiciando igualmente o control sanitario das colonias urbanas de gatos e, pola outra, fomentar a concienciación e bo comportamento da cidadanía ao respecto dos abandonos, para evitar a súa proliferación”.

 O concelleiro lembrou que estas axudas enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Subvencións, “a ferramenta indispensable para impulsar, promover e potenciar – neste contexto de recuperación da pandemia e para que non afonde nunha crise social – a participación da sociedade civil nos distintos ámbitos de xestión que son de interese xeral” ao tempo que puxo en valor o “labor fundamental que desempeña a Protectora”.

 Santos Ramos sinalou que o convenio entre a institución local e a Protectora trata de dar cobertura ao aloxamento e recuperación de animais que non teñen fogar pero tamén posibilita a posta en marcha de campañas divulgativas encamiñadas a fomentar os hábitos sociais de respecto medioambiental así como realizar actividades educativas e de sensibilización en materia de benestar animal”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Martínez Presidente #FreePachi
    Dec 02, 2020 - 12:46 AM

    @concellodelugo 🖕🏼🖕🏼🖕🏼

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com