Medios aéreos e humanos loitan contra o lume en Monforte

Un incendio desatado na tarde de hoxe en Monforte leva arrasado 350 hectáreas.

Contra o lume loitan catro avións anfibios Canadair, de 5.500 litros de capacidade de descarga, procedentes das bases de Labacolla (A Coruña), Matacán (Salamanca) e Torrejón (Madrid). Tamén se atopan nesta zona dous avións anfibios, de 3.100 litros, da base de Rosinos, en Zamora, e un helicóptero tipo Kamov, de 4.500 litros de capacidade, cuxa base se encontra en Ibias (Asturias). Dende o terreo combaten este incendio tres brigadas de reforzo en incendios forestais (BRIF), cos seus correspondentes helicópteros de transporte e extinción. Estes equipos proceden das bases de Tineo (Asturias), Laza (Ourense) e Tabuyo del Monte (León). Completa este dispositivo un avión de coordinación (ACO), da base de León, e unha unidade móbil de analise e planificación, procedente de Ourense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo