" />

Miguel Indurain, Óscar Pereiro ou Carlos Sastre participarán no Ancares Cycling Marathon o vindeiro 26 de xullo

Miguel Indurain, Carlos Sastre, Óscar Pereiro, Álvaro Pino e David Blanco participarán no Ancares Cycling Marathon, que se celebrará o vindeiro 26 de xullo co apoio da área de Deportes.

O elenco de ex ciclistas que arrouparán a estrea da proba, un gran fondo en alta montaña, deuse a coñecer esta mañá durante un acto de presentación que se celebrou no auditorio do Vello Cárcere de Lugo, coa presenza do deputado Efrén Castro, o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Jose Luis Raposo, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez,  xunto aos organizadores do evento, o Club Ciclista Cidade de Lugo e o ex ciclista Ezequiel Mosquera.

O percorrido da proba pasará polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, punto de saída e meta, As Nogais, Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Os partipantes completarán un total de 126 quilómetros cun desnivel acumulado de 3.500 metros, integrados nos 80 quilómetros finais do trazado.

O Alto de Sete Carballos, A Pintinidoira e Villasol son os puntos de maior dureza do percorrido, que concluirá no centro do Cebreiro, un lugar icónico que embelezará a estampa final da proba, chamada a consolidarse como unha proba de referencia no ciclismo de alta montaña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo