Milla lamenta a derrota do Lugo ante a Ponferradina e xa pensa no encontro ante o Alavés o domingo

O CD Lugo non consegue pasar a súa eliminatoria e queda fóra da Copa do Rei tras perder por un gol a cero no duelo de onte. Yuri, ao bordo da conclusión, e na prórroga, conseguía a vantaxe definitiva para os locais. Luis Milla volvía a sala de prensa na previa do choque co Deportivo Arabés, e facíao máis convencido que nunca da liña que o seu equipo debe seguir se quere regresar á senda do triunfo. Para o turolense, as derrotas sufridas, aínda dolorosas, non deben embazar o horizonte de xogo que o grupo quere despregar, e confía cegamente na boa actuación dos seus futbolistas para reverter a situación.

Subliñou o peso fundamental que a competición ligueira ten na tempada do CD Lugo, e aínda que asegura que a Copa era ilusionante, apunta á necesidade de concentrar esforzos no campionato doméstico para cumprir os obxectivos marcados a inicio de campaña. ” A Copa está esquecida. Tiñamos as nosas expectativas, pero perdeuse, e aínda que se tentou ata o final, non hai que pensar máis niso. Quizá non estivemos brillantes no futbolístico, pero o equipo puxo alma e ganas. Prepárase agora para o que vén esta semana.A nosa guerra é a da liga, é o que nos dá para comer. É o importante. Será un partido duro e moi complicada ante un gran equipo que gañou a Osasuna o outro día”.

“O Alavés ten unha forma de xogar moi complicada, compite moi ben. Pero temos claro que a mensaxe que hai que dar é unha mensaxe positiva, o equipo quere retomar a súa liña habitual. Temos que mellorar nas áreas. Será un choque rochoso, ante un rival que pela todo, que che corta o ritmo, xogando moi directo ás segundas opcións. A nosa meta é levar o partido ao noso terreo, estar ben con balón e sen el, estar resolutivos… Temos que facer as cousas moi ben, case excelentes. Eles veñen nun momento bo, pero teño a convicción de que imos facer un gran papel. Temos que recuperarnos mental e fisicamente, debemos ser positivos, traballar o adestramento invisible do descanso e mentalización”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com