" />

Morre un ciclista despois de atropelar a un peón en Outeiro de Rei

Un ciclista faleceu na tarde de onte tras sufrir unha caída na N-VI, ao paso pola localidade de Outeiro de Rei.

O sinistro sucedeu, ás 15:45 horas da tarde, cando un particular solicitaba asistencia médica urxente para un ciclista accidentado que acabara de colidir contra un peón.

Axiña, o persoal do 112 Galicia, informaban aos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes da Garda Civil.

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida a persoa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo