Morre un operario tras caer dun tellado en Sarria

Un operario perdeu a vida, esta mañá, logo de caer dun tellado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria.

O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, contra as nove e media da mañá, que informaba de que un operario caera dunha altura duns dez metros, mentres traballaba na colocación dunhas placas solares.

Con esta información, o CIAE-112 Galicia informou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para ao lugar, á Garda Civil, á Policía Local e tamén a Protección Civil de Sarria.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou que malia os esforzos, non se puido facer nada por salvar a vida do traballador.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com