Nacho Vegas e Cooper, cabezas de cartel do IV Facela Fest

A cuarta edición do festival de música Facela Fest chega á cidade de Lugo os vindeiros 17 e 18 de maio con 15 concertos e dous escenarios: o exterior do Pazo dos Deportes e os xardíns do Pazo de San Marcos. Así o presentou esta tarde o director do Festival, Celestino Muinelo xunto á titular de cultura de Deputación, administración que colabora coa cita.

O Facela Fest é un festival urbano, no que participan bandas galegas, nacionais e internacionais e do que xa se poden adquirir as entradas, a través da páxina web https://www.wegow.com/festivales/fa-ce-la-fest-4/ ou ben, en locais de hostaleira lucense. Na presentación do evento tamén participaron Suso Ledo e Iván Carbelledo, membros da
organización.

Como novidade nesta edición, e coincidindo co Día das Letras Galegas, os xardíns de San Marcos acollerán dúas actuacións sen coste algún para os asistentes. Os concertos serán a cargo de dúas recoñecidas e valoradas bandas galegas. O venres 17 de maio, ás 13:00 horas, será a quenda de Chicharrón, mentres que o sábado 18 de maio ás, 13:00 horas actuarán Os amigos dos músicos. Ambas bandas musicais empregan o galego para as súas cancións, demostrando que tamén pode ser utilizado no pop electrónico e no pop-folk.

O cartel para o Pazo dos Deportes componse dos artistas Nacho Vegas, Michel Cloup Duo, Presumido, Cariño, Fábrica de Espejos, Boyanka Kostova e Trinitá, o día 17; e Cooper, Tulsa, Biznaga, The Essex Green, Anari, Rayotáser, Magical Colors e Yurao Walla DJ, o 18 de maio.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Jordi Cicely
    Abr 11, 2019 - 09:18 PM

    Facela Lugo!

    Reply
  2. Avatar
    Astrocita Protoplásmica
    Abr 11, 2019 - 07:33 PM

    Suso Le, te sacaron rarísimo!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo