Nova concentración da plataforma Transfuguismo Non, Democracia Si

A plataforma cidadá Transfuguismo Non, Democracia Si celebrou na tarde deste xoves unha nova concentración en Lugo para expresar o seu rexeitamento á moción de censura no concello, que consideran un intento de alterar o resultado democrático saído das últimas eleccións municipais.

Durante o acto, trasladouse a preocupación e indignación dunha parte da veciñanza ante unha situación que, segundo indicou, “pon en cuestión a vontade expresada pola cidadanía nas urnas”. Os alí presentes insistían na necesidade de respectar o mandato democrático derivado dos comicios locais, nos que as forzas que conforman o Goberno Municipal obtiveron a maioría suficiente para conformar goberno.

A plataforma defende a continuidade do actual executivo municipal, integrado por e considera que a estabilidade institucional resulta fundamental para garantir o desenvolvemento dos proxectos postos en marcha nos últimos anos.

Entre os aspectos destacados pola organización atópase a aposta por políticas de carácter social e medidas orientadas á mellora da calidade de vida da cidadanía, con especial atención aos colectivos máis vulnerables.

A concentración desenvolveuse nun ambiente reivindicativo e reuniu a diferentes persoas e colectivos que amosaron o seu apoio á defensa da estabilidade política municipal e ao respecto polos resultados electorais. Desde a plataforma anunciaron que continuarán promovendo mobilizacións e accións públicas para visibilizar a súa posición e reclamar transparencia e respecto polo funcionamento democrático das institucións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com