" />

Nova convocatoria de “Masa Crítica”

Coma todos os últimos xoves de mes desde hai máis de 8 anos, o vindeiro día 28 celebrarase en Lugo unha nova edición da “Masa Crítica” (a masa crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación), á que están convocad@s tod@ @s ciclousuari@s lucenses.

A saída, será ás 20:15 desde a Praza Maior …(diante do Concello) e, acompañados de bó tempo, nun ambiente de festa e diversión (música,…) seguirán a reivindicar o uso da bicicleta coma medio de transporte na cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo