Nova estrea dos Microefectos Dramatúrxicos no Clube Clavicémbalo de Lugo

Este xoves e venres no clube Clavicémbalo, o grupo de teatro alternativo Microefectos Dramatúrxicos presentarán catro novas pezas de microteatro.
Logo do gran éxito acadado nas tempadas anteriores, con cheo total no clube nos dous pases que facían no día, estes lucenses inxeniosos e creativos voltan ás táboas para amosar que outro tipo de teatro, máis interactivo e directo, é posible na cidade amurallada.
O colectivo pon en escea pezas teatrais de 15 minutos de duración máxima que nos contan historias da vida mesma, para rir, chorar ou o que sexa, cunha escrita directa e actual. Todas as obras son estreas escritas, dirixidas e interpretadas por membros do grupo.
PEZAS-Justicia desbocada: escribe e dirixe Germán Frasio Montegimeno. Interpretan: Anxo Manoel, Rubén Pérez, María Grandío e Brian Rodríguez

-Biografías imposibles: Mafalda. Escribe e dirixe Conchi Madrina. Interpretan Conchi Madrina, Elvira Velasco, Germán Frasio, Anxo Manoel e Isa Herrero.

-Faino por Galiza: dirixe e escribe Anxo Manoel. Interpretan María Grandio, Conchi Madrina, Isa Herrero e Anxo Manoel.

-No vengas que me estoy llendo: escribe e dirixe Brian Rodríguez.Interpretan Brian Rodríguez, Elvira Velasco, María Grandío e Rubén Pérez.

Os diferentes pases terán lugar os días 4 e 5 de xullo  cos seguintes horarios: xoves 20:30 e 22:30, e venres 20:30.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com