Novas

O PSdeG de Castro de Rei valora o cambio de postura do Concello con respecto á reciclaxe

Candia destaca a importancia dos centros de ensino do rural

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, mantivo unha reunión coa presidenta da Anpa do CPI de Cervantes e da Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, para escoitar as propostas e suxerencias do colectivo. A xuntanza enmárcase dentro dunha programación de encontros para  continuar cunha “escoita activa” dos axentes que integran a sociedade lucense.

Candia puxo en valor “o papel das asociacións de nais e pais” e destacou, moi especialmente, “a importancia dos centros de ensino do noso rural, que están a formar dende as primeiras etapas aos nenos e nenas da maior parte do territorio lucense”.

Nese sentido, tivo palabras de agradecemento para os profesionais da educación e todas as persoas que día a día coidan dos nosos nenos e nenas. Unha das propostas da Fapacel foi “a necesidade dun estudo da educación nun entorno rural co fin de acadar unha mellora da calidade e para que sexa un referente do ensino no noso país e un valor a ter en conta á hora de ficar nel”. Nese sentido, Candia subliñou que “a calidade da educación no rural contribúe, indubidablemente, ao desenvolvemento da nosa provincia e á mellora da sociedade lucense do presente e do futuro”.

“Escoita activa”
A mandataria popular continúa así cos encontros periódicos que está a manter con representantes do tecido socioeconómico da provincia. “O Partido Popular da provincia de Lugo está ao pé dos lucenses coñecendo as súas necesidades para trasladalas ás distintas administracións nas que temos representación e tamén coñecendo as súas
propostas para construír xuntos o futuro da nosa provincia e, polo tanto, o de tódolos lucenses”, concluíu Candia.

A presidenta continúa coa “escoita activa” tras manter recentemente un encontro coa vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo e tamén coa presidenta do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Así, outra das reunións previstas será con representantes dos peritos lucenses.

Mobilizacións en Lugo pola mellora dos servizos públicos e a recuperación dos dereitos do seu persoal

As delegadas e delegados de CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas, mobilizaronse en todo o Estado para esixir a mellora dos servizos públicos e o respecto á negociación colectiva para recuperar dereitos do persoal do sector público

Canto aos servizos públicos, CCOO demanda a recuperación do gasto social anterior á crise económica para achegarse aos países da contorna e, sobre todo, garantir os dereitos da cidadanía. Na mesma medida, o sindicato esixe mellorar as condicións laborais.

As federacións da Área Pública de CCOO (Ensino, FSC, Sanidade) recrimínanlle ao Goberno o incumprimento dos compromisos adquiridos co sindicato respecto da recuperación do poder adquisitivo, creación e estabilización de emprego, negociación colectiva, recuperación e extensión da xornada de 35 horas, desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público e medidas de corresponsabilidade, igualdade e conciliación, entre outras cuestións.

Conde advirte de que a solución en Alcoa só será posible se existe “implicación real e efectiva” do Goberno e a empresa

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou hoxe que  non haberá unha solución posible para a planta de Alcoa en San Cibrao ata que exista unha “implicación real e efectiva” por parte do Goberno e da propia empresa.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, Conde volveu insistir en que sen un prezo eléctrico competitivo será imposible atopar un comprador viable para, porque carece do escenario enerxético óptimo para presentar as súas ofertas. Por iso subliñou que é necesario que o Goberno active “todos os mecanismos e ferramentas que ten ao seu alcance para afrontar a venda de Alcoa con seguridade, incluída a intervención temporal a través da SEPI”.

O vicepresidente económico subliñou que a decisión do Tribunal Supremo de confirmar a nulidade do Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que Alcoa quería aplicar é unha boa noticia para a comarca da Mariña e para Galicia. Sobre todo, precisou, para o conxunto de traballadores que, xunto ao Goberno galego, defenderon sempre o mantemento da actividade da única planta de aluminio primario que queda en España.

Conde reiterou que, non obstante, non se garantirá a estabilidade da industria electrointensiva —que xa advirte de que moitas plantas están a reducir a produción—, mentres que o Goberno central non faga caso a esta situación e tome medidas contundentes para rebaixar o prezo da electricidade.

A política enerxética do Goberno, abondou, está poñendo en perigo a supervivencia de sectores concretos como a gran industria hiperelectrointensiva. Por iso, subliñou que é hora de que o Goberno escoite á industria e colabore ofrecendo confianza ao tecido empresarial; achegando fondos Next Generation coa máxima transparencia e en cogobernanza coas comunidades autónomas e evitando políticas que poñan en perigo as instalacións existentes.

Unha pasarela unirá o centro de saúde de San Roque e as rúas Primavera e Peña Anda

O Concello de Lugo vén de adxudicar a construcción da pasarela do centro de saúde de San Roque, en Fontiñas. Unha petición veciñal que redundará na comodidade da veciñanza á hora de acceder ao centro sanitario, xa que subsana a problemática das escaleiras da rúa Primavera.

Así o explicaron dende o Goberno local que aprobaba hoxe esta adxudicación da obra por un orzamento superior aos 220.000 euros. A empresa que presentou a mellor oferta, Urbaconsa Lugo, terá un prazo de 4 meses desde que comecen os traballos para construír esta nova infraestrutura.

“Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando “, explicou o Tenente de Alcalde, que engadiu que “desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda”.

A solución plantexada pola súa área pasa por crear unha pasarela que una o comenzo da rampla que dá acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros. A nova pasarela permitirá, segundo declarou o Tenente de Alcalde, “unir o centro de saúde e as rúas Primavera e Peña Anda cun percorrido practicamente plano”.

Lugo, o único concello de Galicia no Encontro Estatal de Gobernos Locais

A concelleira de Benestar do Concello de Lugo participa estes días no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación ao Desenvolvemento. Unha cita na que o Concello de Lugo é o único presente de toda Galicia. “O propio Fondo Galego de Cooperación convidounos persoalmente a asistir por considerar que Lugo é un caso excepcional, pola súa implicación, ao que cómpre visibilizar”, explicou a edil.

O evento, que terá lugar dende hoxe e até o vindeiro 12 de novembro en Córdoba, será o escenario de diálogos políticos, obradoiros e intercambios técnicos que terán como eixo común o debate sobre a cooperación descentralizada municipal, como clave para definir o rol dos executivos locais no sistema estatal de cooperación, fronte á incipiente reforma legal.

Segundo explican dende o Concello son unhas xornadas “útiles e interesantes” nas que representantes políticos e institucionais de todo o Estado abordan diferentes eixos da acción territorial así como as súas redes no marco da Unión Europea no tocante á cooperación e ao desenvolvemento.

A responsable da área de Benestar, quixo agradecer ao Fondo Galego de Cooperación que escollese ao Concello de Lugo en representación do municipalismo autonómico máis solidario “o que pon de manifesto o calado e proxección das nosas actuacións ás que cada ano destinamos unha partida de 10.000 € do noso orzamento para accións de sensibilización social – afirmou a edil – que neste 2021 se centraron na intervención educativa, en obradoiros formativos para persoas voluntarias e mesmo na celebración dun ciclo en colaboración co Campus Terra de Lugo dentro do que se impartiron sesións sobre cartografía participativa e sistemas de información xeográfica, redes de mulleres produtoras e cadeas de comercialización, dereitos humanos, ferramentas didácticas para a ensinanza, etc…”.

Precisamente, López Racamonde intervirá no espazo chamado ÁGORA PATIO dedicado á presentación de programas e boas prácticas de cooperación internacional nun formato áxil e rápido.

“Un espazo de reflexión, intercambio e construcción colectiva, específico sobre a cooperación municipal, no que queremos poñer en valor a acción que desenvolvemos dende a área de Benestar, compartindo as nosas experiencias para, entre todos os e as participantes, poidamos establecer logo unha folla de ruta e coñecer a incidencia que esta terá no proceso de reforma da nova arquitectura do sistema”, aclarou a concelleira.

O Encontro está impulsado pola Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (COFOCOS), na que o Fondo Galego ocupa a Vicepresidencia, e coorganizado polo FAMSI (Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional) e a FEMP, e financiado pola Dirección General de Políticas de Desarrollo Sostenible.

O Supremo condena a 2 anos e medio de prisión ao cura que se apropiaba de bens de parroquias galegas

A Sala  do Penal do Tribunal Supremo vén de condenar a 2 anos e 6 meses de prisión a un cura que se levou entre 2008 e 2012 decenas de bens de diversas parroquias nas que oficiaba misa, nos termos municipais de Ribadeo e Trabada. O párroco está acusado dun delito continuado de apropiación indebida co agravante de recaer sobre bens que integran o patrimonio artístico, histórico ou cultural.

O tribunal estima parcialmente o recurso de casación interposto polo condenado contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, que lle impuxo 3 anos e medio de cárcere polo delito continuado de apropiación indebida. A Sala lucense tamén condenaba a un ano e 3 meses de prisión ao cura como autor dun delito de receptación a outra persoa, a quen o acusado entregou algúns dos ben dos que se apropiou.

A Sala aprecia o atenuante de reparación do dano, como consecuencia da restitución dun número significativo dos obxectos apropiados cando xa non era párroco, o que supón unha rebaixa da condena que lle impuxo a Audiencia Provincial, que só apreciou atenuante por dilacións indebidas.

En síntese, os feitos probados recollen que dende 2008 e ata 2012, data do seu cese como párroco das parroquias, apoderouse e incorporou ao seu patrimonio, dispoñendo deles como se foran propios, “decenas de obxectos relixiosos e de culto, imaxes relixiosas, así como mobles e outros obxectos pertencentes a esas parroquias, aos que o acusado, na súa condición de párroco, tiña acceso e era o encargado da súa custodia”.

O cura entregou os devanditos bens ao outro condenado por estes feitos, que chegou a permutar algún deles como unha campá, unha imaxe e dous Sagrarios, por outros obxectos artísticos nun establecemento da Pontenova. O obispado de Mondoñedo recuperou só algún dos bens apropiados, que están sometidos a un réxime especial e protexidos pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

A Sala, na súa sentenza explica que o ánimode lucro e o dolo natural propio do ilícito da apropiación indebida “semellan pois, explícitamente, narrados no relato declarado probado”.

O BNG impulsará a declaración BIC dos cemiterios neogóticos da Terra Chá

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Parlamento galego a proposta de declaración BIC (Ben de Interese Cultural) dos cemiterios neogóticos da Terra Chá. Esta iniciativa vai acompañada tamén dun plan de usos destas instalacións fúnebres, o que garante a súa protección sen provocar dificultades e prexuizos aos propietarios.

A deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, sinalou que estes espazos fúnebres son únicos en Galicia “cemiterios como os de Goiriz, Alba, Román, Rioaveso ou Xermar no concello de Vilalba constitúen un patrimonio material do século XVI de enorme valor artístico e cultural e un elemento único da paisaxe da Terra Chá, mostra do traballo dos canteiros da comarca”

Neste senso, Olalla Rodil subliñou a necesidade desta protección “as administracións públicas deben pór en valor e difundir a súa historia, por isto desde o BNG defenderemos no Parlamento galego a que desenvolvan estas accións, ningún país prescindiría nin relegaría un elemento como son estes espazos” dixo a deputada.

Desde o BNG defenden que esta protección amparada pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, a cal non suporá ningunha traba para as usuarias e usuarios, xa que nesta iniciativa inclúe a creación dun plan de usos. A deputada enfatizou a importancia desta medida “son espazos funerarios nos que moitas persoas teñen soterrados os seus familiares e en ningún caso queremos que a protección do patrimonio lles cause prexuízos” declarou Olalla Rodil.

Núria Graham: “A cea concerto no Vexetarian pode ser unha proposta curiosa, no bo sentido”

Con 25 ano xa ten case unha decena deles de traxectoria. E é que cando o arte é natural, non se lle pode pór freo. Falamos de Núria Graham, cantante e compositora de Vic que dende os 16 anos dedícase ao que máis lle gusta: a música. Cunha madurez que xorde do día a día e unha inspiración que se adianta á súa propia vida, esta moza catalana trae consigo unha doce voz que mistura con melodías íntimas e emocionais. Un son que amosa tintes doutras épocas encallados nas súas raíces irlandesas.

Núria Graham estará mañá, 11 de novembro, en Lugo no Vexetarian Restaurante nun formato de cea-concerto que xa ten as entradas esgotadas. Unha mostra máis dos éxitos que esta moza está a colleitar.

En Xornal de Lugo falamos con Núria, días antes da súa visita á cidade.

Ola Núria, que tal?

Moi ben, con moitas ganas de ir.

As túas cancións tiran de emoción, sobre que cousas escribes? De onde xorde esa inspiración?

Depende un pouco porque creo que foi variando. Empecei hai moitísimos anos xa a escribir, e creo que aínda estou tentando eu tamén de entenderme a min mesma e sobre que escribo. Ás veces, é un misterio para min mesma.Non é que pense: vou escribir sobre isto e logo escribo algo; senón que pasa ao revés un pouco. Que me guio un pouco polo que vou escribindo e ao cabo duns anos enténdoo. Non sei, escribo cousas cotiás ou, incluso o último disco, era unha cousa máis familiar que describía a personaxes que observaba. Ao final é unha maneira de entenderme a min mesma e ao resto de xente da xente a través de todas as cancións.

Metade catalá, metade irlandesa, raíces diferentes pero ambas cunha gran bagaxe cultural detrás, cres que estas culturas puideron influír no teu actual estilo musical?

É posible. Tampouco me paro moito a pensar nisto porque ao final claro, si que teño influencia. Creo que é máis tamén o sitio no que vivo. Eu son de Vic que é unha cidade onde hai moitísima música e creo que o feito de crecer xa estudando música tamén vendo moitísimos concertos porque había un festival tamén cada ano e o feito de normalizar isto como unha maneira de vivir que facía moita xente, influíume moito, máis que a cultura catalá en si. A música que escribo non sei de onde se ve influenciada pero está claro que moitas cousas son de fóra.
Si que no caso da cultura irlandesa, obviamente dende que era pequena escoitei moitísima música tradicional irlandesa que isto poida que estea por alí, no meu subconsciente por aí vagando.

Polo que puidemos saber de ti, levas desde moi nena no mundo da música. Pero, realmente, cando consideras que te empezaches a dedicar a isto como profesión?

Pasou, por sorte ou non, porque foi como foi. Comecei a dar concertos e a gravar cando tiña 16 anos, en primeiro de bacharelato. Sempre me vou a acordar desta época porque foi unha das mellores. Paseimo moi ben. Pero, claro, foi todo como moi rápido nese momento. Eu estaba a escribir os meus temas tan tranquila e ao cabo duns meses xa estaba a gravar a miña primeira maqueta. E empecei a traballar coa miña primeira manager e xa tiña como todo un ano pechado de concertos cada fin de semana. Isto foi unha maneira de empezar e desde aquel momento non parei e aquí sigo, xa son case dez anos.

Aos poucos vaise coñecendo a túa música, si é verdade que nos últimos anos o teu nome empezou a soar cada vez máis forte na industria musical un pouco grazas ao documental de Amaia Romero e a súa xira na que tamén participaches. Non quero dicir que o teu éxito débase á colaboración pero si que unha parte do público de Amaia quizá non te coñecese nese momento se non ocorrese esa unión de forzas. Chegaches a dubidar nalgún momento de traballar con Amaia?

Non. Pilloume nun momento da miña vida en que iso me pareceu como moi natural e unha boa idea. Ao final creo que o proceso de facer música e ter o meu propio proxecto tamén pasa por aprender a través de varias experiencias neste caso apareceu moi interesante podelo facer.
De feito, cando empezamos a traballar con Amaia eu non a coñecía de feito, non a vía porque non seguía Operación Triunfo. Despois faláronme moi ben dela e entendémonos/entendémosnos instantaneamente. Ao final, para min tamén foi unha maneira de aprender a saír do meu papel de estar como de front woman e facer outra faena, que é estar alí facendo outras cousas. Nese caso, tocaba a guitarra; pero tamén a nivel de composición, traballar con ela foi moi interesante. Claro que había dubidas pero era máis a nivel de calendario e de vida. De pensar, agora téñome que comprometer, porque foron dous anos. Pero non foron dúbidas a nivel de se era correcto ou non. Estiven moi  contenta.

Tes en mente futuras colaboracións con outros artistas?
Si, agora estou moi focalizada en continuar coa preparación do disco novo, e obviamente agora quero focalizar en tocar os meus concertos. Pero si que é verdade que escribir para outra xente se que é unha cousa que está aberta, porque ao final, cando traballas do que traballamos hai moito tempo e é moi interesante tamén aprender doutra xente. Así que isto si que o teño en mente facer.

Con quen?
Gustaríame colaborar con moitísima xente, teño como xente tamén de fóra que me encanta pero si que é verdade que estes últimos meses aquí en España estiven traballando nalgunhas sesións de composición, estiven traballando con Alba Reche, tamén de Operación Triunfo. Ao final é iso, eu tambiém saio totalmente da miña zona de confort. Nunca pensaría que podería facer algo así, tan fóra do que eu fago, pero ao final te dás conta de que non está tan fóra. Sempre hai algún punto de encontro e cando o fas saen cousas moi interesante tamén.

Como está a ser o contacto coa xente na xira? Tes datas para novos concertos?
Non, de feito, estes concertos son uns concertos que creo que se moveron de data como dúas ou tres veces, por todo o da pandemia. E estou fóra de xira. Pechamos a presentación, cando saíu o disco, hai ano e medio, e durante a pandemia tocamos bastante dentro do que cabe. E medio despedímonos do disco fai un par de meses, en setembro. E, de feito, só me quedan estes tres concertos en Galicia; así que é un gustazo poder facer isto porque levo dous meses encerrada en casa escribindo e é un gustazo tomar un pouco de aire e tocar.

Logo, hai ganas de tocar en público…
Bótase moitísimo de menos. Ademais, a última vez que fomos a Galicia foi unha marabilla, así que moitas ganas.

Lugo, Ourense e Vigo son as túas próximas paradas, ganas de tomarlle o pulso ao público Gallego?
Moitísimas. De feito, en Lugo non estiven a última vez; pero fomos a Vigo e tamén a Ourense, que viñamos dunha xira moi larga polo norte, dunhas dúas semanas que estabamos cunha autocaravana, e foron uns días incribles. De feito sempre gardei un recordo incrible de cando estiven en Galicia, dos mellores días. Así que si, moitas ganas de tocar, que é o que se bota de menos, estar nunha sala e ter á xente preto.

En Lugo, no Vexetarian, tocarás nunha pequena sala en formato de cea concerto, algo pouco habitual, polo menos en Galicia. Como esperas que responda o público neste caso?
Pois espero que case moi ben con todo o plan da comida. Espero que moi ben vou ir coa miña banda imos cun formato de trio, a mayoria de concertos fixémolos así, a ver que tal. Que fago máis acústico nathan pero bo e non causar que cada vez se lles adoita chamar a atención non é que. Pode ser sempre una unha proposta curiosa, pero no bo sentido da palabra. Creo que está ben facer as dúas cousas ao mesmo tempo xa veremos. Terei envexa, eu tamén terei fame.

Anuncias nas túas redes sociais que estás a traballar en algo novo. Cando podería ver a luz?
Pois todavia vai para longo, creo. Se aínda estou aquí encerrada, non vou gravar este disco, polo menos, ata principio de ano. Ou sexa, eu creo que ata de aquí a un ano ou ata un pouco antes, pero o disco enteiro eu creo que aínda falta. Gústame a idea de desaparecer un pouco tamén para volver cun traballo novo. Non estar tan seguido.

Isto sería todo, moitas grazas Núria por atendernos, vémonos o xoves en Lugo.
Perfecto, pois nos vemos de aquí en nada. Moitas grazas.

CCOO mobilízase mañá para esixir a mellora dos servizos públicos e a recuperación dos dereitos do persoal do sector

Mañá mércores, 10 de novembro, delegadas e delegados de CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas, mobilizaranse en todo o Estado para esixir a mellora dos servizos públicos e o respecto á negociación colectiva para recuperar dereitos do persoal do sector público. En Galicia haberá concentracións na Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Canto aos servizos públicos, CCOO demanda a recuperación do gasto social anterior á crise económica para achegarse aos países da contorna e, sobre todo, garantir os dereitos da cidadanía. Na mesma medida, o sindicato esixe mellorar as condicións laborais.

As federacións da Área Pública de CCOO (Ensino, FSC, Sanidade) recrimínanlle ao Goberno o incumprimento dos compromisos adquiridos co sindicato respecto da recuperación do poder adquisitivo, creación e estabilización de emprego, negociación colectiva, recuperación e extensión da xornada de 35 horas, desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público e medidas de corresponsabilidade, igualdade e conciliación, entre outras cuestións.

En Lugo terá lugar ás 11.00 horas diante da Subdelegación do Goberno.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com