O 31 de marzo remata o prazo para adaptar as antenas de Tv

A Delegación do Goberno en Galicia, recorda aos cidadáns da comunidade que deben adaptar as antenas colectivas dos seus edificios antes do 31 de marzo para non perder canles de televisión debido ao proceso de liberación do Dividendo Dixital.

Atendendo ás peticións do sector das TDT para culminar satisfactoriamente o proceso de liberación do Dividendo Dixital, o pasado 26 de decembro aprobábase, mediante Real Decreto, prorrogar ata finais de marzo o prazo máximo para liberalo.

En Galicia, aqueles edificios equipados con monocanales ou centrais programables deben adaptar os seus sistemas de antena colectiva ás frecuencias que cambian (tres ou catro, dependendo da zona), polo que é conveniente que as comunidades de propietarios que aínda non completaran a adaptación dos seus sistemas de antenas colectivas, pidan presuposto a un ou varios instaladores para realizar a devandita adaptación o antes posible. O listado de empresas instaladoras rexistradas pódese consultar en: www.televisiondigital.es.

Pola súa parte, os cidadáns en vivendas unifamiliares ou edificios de poucos pisos que posúan amplificadores de banda ancha, deberán resintonizar, canto antes, as canles nas súas novas frecuencias a través do mando do seu televisor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com