O BNG acusa a Xunta de desidia polas condicións nas que está o novo auditorio

O BNG lamenta que 2 anos e medio despois de que se inaugurase o novo auditorio de Lugo por parte do propio Feijóo, a Xunta siga sendo incapaz tanto de abrilo como de manter nunhas condicións minimamente dignas as zonas verdes do seu entorno no seu día Feijóo tiña presa por sacar a foto da inauguración pola proximidade das eleccións galegas, unha vez pasada a cita electoral o novo auditorio pasou de ser a grande promesa cultural para Lugo a converterse nunha selva urbana dixo Rubén Arroxo.

O BNG que xa anunciou a semana pasada que lle daba 10 días ao goberno municipal para iniciar a roza da maleza, ou que do contrario organizarían pola súa conta brigadas veciñais, avisa agora de que se a Xunta non é quen de manter nunhas condicións mínimas o entorno do novo auditorio, solicitaranlle ao propio delegado en Lugo autorización para poder entrar a rozar.

Nesta liña o propio portavoz nacionalista explicaba que semella irónico que a Xunta saque unha normativa que obriga aos propietarios á limpeza dos seus terreos como medida de protección contra o lume, e despois teñan este espazo feito un polvorín dentro dunha zona urbana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo