O BNG pide a apertura de comedores escolares durante o verán

A edil do BNG-Asambleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que presentará, un ano máis, unha iniciativa no concello de Lugo para que o Goberno municipal impulse, de acordo con outras administracións, a apertura dalgún dos comedores escolares dos centros educativos do concello durante todo o verán. Esta petición xurde “ante a situación que estamos a vivir e á cal Lugo non é allea”. Maite Ferreiro explicou que está solicitude xa se fixo con anterioridade o ano pasado e, naquel momento, a concelleira de Benestar aceptou o rogo e afirmou que “sería tido en conta nas actuación levadas a cabo dende o concello”.

Maite Ferreiro dixo que “o obxectivo é asegurar que menores, de familias con dificultades económicas,  non carezan dunha alimentación axeitada cando remate o curso escolar”. Ferreiro sinalou que o goberno municipal deber artellar esta apertura dos comedores escolares de xeito que os xantares estean enmarcados dentro dalgún programa lúdico-formativo para contribuír a que as nenas e nenos gocen deste servizo como unha actividade máis do verán.

Para materializar a apertura dalgún comedor no concello de Lugo habería diferentes posibilidades, segundo explicou Maite Ferreiro, ou ben se podería abrir un comedor dos que son xestionados directamente pola consellería de educación, ou ben a Xunta podería dotar de fondos ao concello de Lugo para que se manteña aberto algún dos comedores, que nos centros públicos, xestiona o concello.

No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia Xunta de Galiza: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gándaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio concello agás nos colexios do Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e Paradai que carecen de comedor.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo