O BNG reclama o arranxo da sala de espera de pediatría do Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea

A portavoz do BNG no concello de Castro de Rei, Digna Lagarón, denunciou o estado da sala de espera de pediatría do Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea. “Esta sala leva varios meses nun estado lamentable, debido a unha fuga no sistema de calefacción”, indicou Digna Lagarón, e engadiu “dende o Concello coñecen este problema, máis en lugar de amañalo, ocultárono tras uns mobles”.

A fuga no sistema de calefacción provocou danos no pavimento dalgunhas salas e o conseguinte deterioro do inmoble. Para o BNG, isto mostra o abandono das instalacións públicas por parte do goberno municipal. Digna Lagarón reclamou o arranxo desta sala “para ser usada en condicións óptimas polas familias que utilizan o servizo de pediatría”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo