" />

O BNG votará en contra da proposta dos socialistas no Pleno Organizativo de mañá

O voceiro do BNG-AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a formación que representa non lle dará o seu apoio á proposta de organización que o PSOE defenderá este venres no pleno da corporación municipal. Arroxo volveu criticar a actitude do novo equipo de goberno, “que “en ningún momento quixo dar a cara diante da Xunta de Portavoces que é órgano axeitado para tratar todo o relativo á organización e funcionamento do concello””.

Rubén Arroxo afirmou que “en menos de 50 días o PSOE xa incumpre un dos acordos tomados co BNG –-AA para a investidura da Alcaldesa”. Arroxo explicou que ““de xeito encuberto, vaise dificultar a participación e a asistencia da xente e dos colectivos aos plenos municipais”. Este era un dos 7 puntos acordados entre o BNG-AA e o PSOE para a investidura da alcaldesa “e agora atopamos que, sen consultar ao resto dos grupos, o PSOE vai impoñer que os plenos se celebren polas mañás, cando a maior parte da xente está a traballar””.

Asemade, o voceiro do BNG-AA afirmou que ““é indignante que en moitos anos e por primeira vez neste concello, se celebre un pleno sen que previamente se teña convocado unha xunta de portavoces”. Semella que a Alcaldesa se sinte segura co apoio do PP e menospreza aos grupos de esquerda e ás novas incorporacións á corporación que, no seu conxunto, superan en votos ao PSOE e mesmo ao PP”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo