" />

O Centro Cultural de Begonte convoca o XXIX Certame de Arte ‘José Domínguez Guizán’

O Centro Cultural de Begonte vén de convocar unha nova edición, a vixésima novena, do seu Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán ao que xa se pode presentar calquer artista pictórico galego cun máximo de dúas obras de tema libre e cun tamaño que non supere os 1,5m por 1m.

Os pintores poden presentar os seus traballos ata o 25 de decembro de 2018 ás 12 horas e irán acompañadas por os datos persoais do autor e da obra.

O Centro Cultural organizará coas obras que se presenten unha mostra en Lugo e en Begonte e a obra gañadora quedará en propiedade do centro cultural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo