" />

O Concello asina dous novos convenios para á construcción do futuro colexio do Sagrado Corazón

O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe dous convenios para a cesión ao Concello de senllas parcelas no barrio do Sagrado Corazón.

Con esta sinatura dos convenios coa propiedade das dúas parcelas, o Concello de Lugo avanza nas xestións que está a desenvolver a Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, para asegurar, a obtención dos terreos requeridos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo de construir un novo colexio no barrio do Sagrado Corazón.

A finalidade dos dous convenios urbanísticos é facer posible que o Concello de Lugo poida poñer a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os terreos para a construcción dun novo CEIP nas inmediacións do actual centro e sempre dentro do barrio do Sagrado Corazón, en colaboración cos veciños propietarios.

As dúas parcelas contan cunha superficie total de 1.606 metros cadrados. O Concello xa ten asinados catro convenios, cos que logrou a cesión de 3.718 metros cadrados, pero aínda  faltan outros 6.000 dos 10.000 que reclama a Xunta. Polo que, de momento, a infraestrutura escolar no se poderá comezar.

@010lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo