O Concello de Lugo aposta por apoiar o emprego

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, comprobou in situ este mércores os beneficios do primeiro plan de emprego 100% municipal, (Con) trato feito!, achegándose ata a sede da Asociación Mulleres Empresarias de Lugo, ubicada no CEI-NODUS, unha das 52 empresas e asociacións favorecidas por este plan. Nesta visita tamén estivo presente a presidenta deste colectivo, Beatriz Varela.

 O Concello demostra coas súas accións que a política está para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas, a pesar de, como no caso de emprego, a administración local non teña as competencias, tal e como lembrou a rexedora, quen coñecedora de que o desemprego é un dos principais problemas para os e as lucenses, motivo polo que o Concello se esforza para ofrecer solucións, porque “non seremos unha sociedade con futuro e con capacidade de desenvolvemento se temos o lastre do desemprego”, tal e como asegurou Lara Méndez.

Este esforzo do Goberno amósase na inversión social para emprego, “unha das mellores inversións que podemos facer”, como a cualificou a Alcaldesa, preto de 2,6 milllóns de euros en 18 mes, 145.000 euros ao mes, e máis de 400 persoas beneficiarias.

O Goberno traballa para non deixar ninguén atrás. Por iso, non soamente implementou as políticas de emprego, que son as políticas sociais máis sostibles no tempo, senón que investiu un total de 19 millóns en política social (21% do orzamento), atendendo, dende o máis urxente, a emerxencia social, ata a todo ese terceiro sector que facilita a vida de tantísimos colectivos con máis de 3,1 millóns de euros en subvencións.

Un día de satisfacción

Para Lara Méndez, a visita de hoxe ao colectivo de mulleres é “un día de satisfacción, porque a planificación das políticas de emprego conxuganse nun nome, Nydia Rocío Alvarado Mateus, beneficiaria deste plan, que a partir de agora e ao longo dun ano, prestará o seu servizo á Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo. Ademais, grazas ao (Con) trato feito!, por primeira vez traballará da súa profesión, operadora informática. Tamén estivo presente nesta visita outro dos beneficiarios do plan, Adrián Devesa, que está na asociación E-Deid@des”.

Pola súa banda, Beatriz Varela agradeceu, da parte das 180 empresas que forman o colectivo que preside, tanto o apoio constante do Concello como ser beneficiaria deste plan de emprego municipal. E por último, Nydia Rocío Alvarado amosouse contenta pola oportunidade que lle deu o (Con) trato feito!.

“Se somos capaces de xerar emprego, xeraremos un desenvolvemento que repercutirá na cidade e na cidadanía”, asegurou Lara Méndez. Ese é o compromiso do Goberno, mellorar nunha sorte de economía social que consiga desenvolver un círculo virtuoso baseado no emprego, o incremento da renda, o consumo no comercio de Lugo, e así, na participación da economía de escala”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com