O Concello de Lugo suspende todas as súas actividades a partir do sábado e pecha aquelas dependencias que non son de atención directa ao usuario

Vistas as novas medidas adoptadas desde o Goberno central e a Xunta de Galicia, o Concello de Lugo fixou no día de hoxe unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do coronavirus tanto entre a poboación lucense como no ámbito dos traballadores municipais.

Desde este sábado, pecharanse todas as dependencias municipais (culturais, deportivas, sociais, garderías, ociotecas, Escola Municipal de Música, Casa da Xuventude, etc.) e suspenderanse todas as actividades organizadas desde o concello ata novo aviso, en función de como evolucione a situación.

Manteranse abertas as dependencias de atención administrativa directa ao público, pero para evitar colas e aglomeracións se activará a cita previa en todos os servizos – polo que se reforzará o 010 -, e pídese aos usuarios que acudan só en caso de estrita necesidade e que as consultas sexan telefónicas.

Tamén manteranse algúns servizos que se consideran indispensables pola especial atención a colectivos vulnerables, como o Centro de Día, o Servizo de Atención no Fogar e o Fogar de Transeúnte, nos que se lle solicitará ás empresas
adxudicatarias que extreme as medidas hixiénico sanitarias do persoal.

No caso do CEI Nodus, as actividades formativas desenvolveranse vía telemática.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com