" />

O Concello dedicará 2 millóns de euros ao Plan de Subvencións

O voceiro do Goberno local, Miguel Fernández, anunciou que a Xunta de Goberno desta mañá aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións deste ano por un importe de máis de 2 millóns de euros, que, a través de axudas de concorrencia competitiva e nominativas, beneficiarán a asociacións e entidades lucenses do ámbito deportivo, cultural, muller, social, participación cidadá, medio ambiente, educación e xuventude. O Executivo fai “un importante esforzo investidor”, subliñou Fernández, consciente de que o rico e forte tecido asociativo “co que temos a sorte de contar en Lugo” desenvolve unha labor fundamental e que con estas axudas poderá desenvolvera súa actividade con maior facilidade.

O maior importe desta contía vai adicado á área de Deportes, que suma un total de 802.500 euros, seguido das subvencións a asociacións do ámbito dos Servizos Sociais que levarán máis de 676.850 euros. Chama a atención a contía destinada ao que, dende o equipo de goberno chaman Protocolo, que sería a que fai referencia á axuda nominativa ao Caudal Fest, cunha cantidade de preto de 218.000 euros.

Moi por baixo destes investimentos, están as áreas de Cultura e Medio Ambiente que levan un total de 124.800 e 105.000 euros, respectivamente; sitúandose, aínda asím por riba de Participación Cidadá (78.500€), Educación (40.000 €), Muller (32.360 €) e Xuventude (10.000 euros).

Regulamento Interno de Persoal

Por outra banda, na Xunta de Goberno de hoxe tamén quedou aprobado o proxecto de modificación do Regulamento Interno de Persoal do Concello no relativo ao valor das horas extraordinarias e a eliminación do límite anual das mesmas. Segundo esta proposta, o valor das horas extra será o resultado de dividir o salario anual bruto de soldo, trienios, complementos e pagas extra entre as horas traballadas en xornadas normais incrementando nun 40% o seu valor, mentres que as festivas levarán un 100% máis do seu valor normal.

Así mesmo, non se establece límite ao número de horas extraordinarias que un funcionario poderá realizar con carácter anual, respectando en todo caso o que poidan dispoñer en cada momento as normas, de maior rango xurídico, aplicables ao persoal funcionario das entidades locais. O proxecto de modificación do Regulamento Interno de Persoal someterase agora ao debate do Pleno para a súa aprobación inicial e posterior tramitación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo