O Concello organiza aulas abertas no Nadal para nenas e nenos de entre 3 e 11 anos

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, deu a coñecer este venres a nova programación de actividades organizadas polo Concello para os máis cativos da casa no Nadal. Serán 60 prazas en Aulas Abertas para nenos de 3 a 11 anos, que se desenvolverán nos centros de convivencia de María Balteira e Milagrosa –nenos de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo –nenos de 3 a 10 anos-, 20 prazas por cada centro.

A edil destacou que “dende o Concello poñemos en marcha estas Aulas Abertas para que os nenos e nenas empreguen as súas épocas de lecer escolar con actividades variadas e cuns horarios que facilitan que nais e pais poidan conciliar a súa vida familiar e laboral”.

As Aulas Abertas celebraranse os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2017. O horario será o mesmo para todas as actividades, de 09:30 a 13:30 horas. Os interesados deberán aboar 1,03 euros ao día.

Inscricións

As solicitudes de inscrición presentaranse do 12 ao 14 de decembro, de 09:00 a 13:00 horas, nos centros onde se vaian realizar as actividades. Cada persoa só poderá efectuar solicitudes para unha única unidade familiar. As inscricións realizaranse seguindo a rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os nenos empadroados no Concello de Lugo. Resérvase un 40% das prazas para persoas con diversidade funcional.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com