O Concello perde ao ano 157.000 euros ao non aplicar á suba de taxas aos caixeiros proposta por Ace-Eu

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida leva solicitando dende que se celebrou o primeiro Pleno ordinario do mandato que se aumente a taxa da ordenanza 156 que grava os caixeiros automáticos con acceso á vía pública, por considerar demasiado baixa a actual de 284’23 euros e non acorde aos beneficios millonarios que xera para a banca a explotación dos mesmos.

Con 45 caixeiros destas características, o goberno podería recaudar 157.500 euros ao ano se aplicase a suba a 3.500 euros anuais proposta por ACE-EU, “perfectamente factible”, pois municipios de menos poboación como Ribadavia ou O Carballiño (aprox. 5.000 e 15.000 habitantes respectivamente) cobran dende hai anos 2.920 euros por caixeiro anuais. Estes ingresos serían equivalentes aos que se obtiñan anualmente polo suspendido control de aparcadoiros en superficie, polo que sería unha necesaria inxección de recursos para a prestación de servizos municipais.

“Aumentar a 3.500 euros ao ano suporía 291 euros mensuais a pagar polas entidades bancarias, calderilla tendo en conta que só os 8 grandes bancos que cotizan na bolsa española están a facturar preto de 9.000 millóns de euros ao ano só polo cobro de comisións, que xa supoñen o 33% do total dos seus beneficios. O xusto é que paguen uns impostos proporcionais ao que gañan a costa dunhas comisións abusivas na maioría dos casos”, explica Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Un dos grandes obxectivos deste grupo municipal é conseguir unha verdadeira fiscalidade progresiva no Concello de Lugo e que as ordenanzas fiscais garantan que pague máis quen máis ten, algo ao que o goberno de Lara Méndez se negou en todo momento, pois insistiu en seguir con taxas liñais que non teñen en conta criterios de renda, e con agravios comparativos intolerables ao manter un mínimo cobro á banca mentres por exemplo as compañías de teatro e asociacións culturais deben pagar unha taxa de 515€ por utilizar un só día o auditorio municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com