" />

O Concello pon en marcha “Lugo seguro” para axudar ao comercio e hostalería

O Concello porá en marcha unha nova iniciativa para axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento dentro dunha estratexia encamiñada “a xerar confianza e seguridade entre clientes e provedores nun Lugo seguro”. Así se acordou na reunión  que mantivo a alcaldesa hoxe cos presidentes da Federación de Comercio, José María Seijas, e da Asociación de Hostalaría, Cheché Real, acompañada do concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto.

A primeira destas iniciativas será a posta en marcha dun curso on-line pioneiro para os e as traballadoras destes sectores, que será impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19.12.05.20 Entre outros temas, abordará aspectos relacionados coa prevención e a seguridade e saúde do persoal e dos establecementos. Pero tamén ensinará a afrontar desde un punto psicolóxico e emocional a nova situación de regreso ao traballo, así como a comunicación para trasladar aos clientes a máxima confianza en que poden acudir aos seus establecementos habituais pois o persoal está preparado para atendelos e porase a obrigada prevención en todas as tarefas.
A participación neste curso, dunha duración de 20 horas, está aberta a propietarios, autónomos, persoal en xeral de vendas en comercio, de barra, comedor, cociña, recepción, camareiros, maîtres en hostalaría e hoteis, entre outros traballadores do sector, e estará dirixida en especial aos empregados que están ou pasaron un ERTE e deben retomar a súa actividade.

Trátase dun curso interactivo, con recursos audiovisuais e exercicios prácticos. Impartirase en liña, mediante unha plataforma de elearning, accesible desde dispositivos móbiles e que permite unha comunicación instantánea alumno-titor.
A iniciativa levarase a cabo dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego, baixo a marca Lugo É Capital, que aglutina todas as accións do Goberno de Lara Méndez en apoio á economía de proximidade.

Con este curso obterase o diploma de Establecemento de Confianza, sempre que polo menos unha persoa da empresa participe na formación, impartida por unha médico epidemióloga experta en sanidade pública, unha psicóloga e unha doutora en comunicación.
A formación diríxese a pequenos empresarios, autónomos, e demais persoal de comercios, hostalería ou hoteis e, de forma especial, aos traballadores que se atopan ou pasaron por un ERTE, cun obxectivo común: ofrecer seguridade e confianza para todos os axentes implicados na actividade da organización.
As inscricións abriranse este venres e o curso comezará na semana do 21 deste mes.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Teresa Rodriguez
    Mai 13, 2020 - 01:33 PM

    https://s.docworkspace.com/d/AFhGmoyR5tQfo4yjk5OdFA
    A sección sindical de CCOO no Concello de Lugo di NON ó Plan de Retorno do Personal Municipal.

    Reply
  2. Avatar
    Marola Canto Arena
    Mai 13, 2020 - 09:14 AM

    Con la mascarilla bien puesta se puede hablar igual y es mejor para todos. En el municipio de Lugo, zona rural, aún estamos esperando el reparto de mascarillas ( sentados).

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo