O Correlingua xuntará este mércores en lugo a uns 1.300 alumnos de 20 centros da comarca lucense en defensa da lingua galega

Véñense de presentar os actos que se van desenvolver na provincia de Lugo con motivo do Correlingua. No acto tomaron parte Manolo Muñiz, coordinador do Correlingua, e Marta Ferreiro, integrante da CIG-Ensino e outras autoridades. Esta decimo quinta edición do Correlingua, organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística.

“O coordinador do Correlingua en Lugo, Manuel Muñiz, salientou que “participamos máis de 20 centros da comarca e arredor de 1.300 alumnos”. Así mesmo, lembrou que estes actos serven “para reivindicar a difícil situación que vive o noso idioma e son unha maneira de reflexionar sobre isto, xa que as estatísticas son moi negativas”, lamentou.

Ademais das festas finais, que se celebrarán mañá, día 5, en Ribadeo e o mércores, día 6, en Monforte e Lugo, Muñiz apuntou que en cada comarca se desenvolveron diversas actividades: “Os alumnos puideron participar na elaboración dun manifesto, no Cantalingua, ou en concursos de pancartas e banda deseñada”.

En canto á festa final en Lugo, o coordinador do Correlingua explicou que terá como eixo central a praza de Santa María. “Aí estará situado o punto de partida e de chegada. Logo de saír da zona amurallada pola Porta de Bispo Aguirre, volverán entrar pola Porta de Campo Castelo, darán un paseo pola muralla e rematarán en Santa María”, indicou. A carreira dará comezo ás 11 da mañá e o alumnado dos centros que viaxen desde fóra de Lugo está previsto que sexan recibidos ás 10.45 horas na explanada do Pavillón Municipal dos Deportes do Lugo.

Despois da carreira, desenvolvérase un acto “que será presentado por Isabel Risco, contará coa actuación do grupo Bocinazo e no mesmo os alumnos do CPI de Baralla lerán un manifesto. Asemade, entregaranse os premios do concurso de pancartas e animación da marcha”, concluíu Muñiz.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com