" />

O deputado Roberto García  entrega os premios do Certame da Tasca do Liño

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este sábado, xunto coa alcaldesa Elba Veleiro, no acto de entrega de premios do Certame de Debuxo e Poesía que organizou a Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu da Insua no marco do programa da Tasca do Liño. O acto tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Vilalba, onde García Pernas felicitou ás persoas premiadas e ás que participaron, pero tamén ao colectivo organizador porque “nestes tempos tan difíciles, debido á pandemia, que nos limita para moitas cousas, é fundamental a capacidade de reinventarse, de innovar, buscando fórmulas e iniciativas alternativas coma esta, para contribuír a manter viva a actividade, e máis, no medio rural”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo