O Goberno da Deputación non logra sacar adiante o Plan de obras

O Goberno da Deputación de Lugo non logrou sacar adiante o Plan de Obras e servizos para o ano 2016. Dito plan foi rexeitado de forma unánime esta mañá no pleno do ente provincial despois de que o Partido Popular e o deputado non adscrito Manuel Martínez aprobasen unha emenda ao mesmo para manter os criterios do ano anterior e para rebaixar a contía mínima das obras que se poden acoller a dito plan.

A sesión caracterizouse unha vez máis polas interrupcións e reproches entre membros dos distintos grupos. Dunha banda, tanto Martínez como os deputados do PP solicitaban que o Plan de Obras se vinculase a aprobación definitiva dos orzamentos, aínda sen aprobar por mor das reclamacións pendentes. Pola contra, socialistas e nacionalistas acusáronos de “entorpecer o labor de Goberno” e de seren “desleais” cos veciños da provincia.

A aprobación desa emenda co voto conxunto Partido Popular e de Manuel Martínez provocou que nin socialistas nin nacionalistas votasen a favor do texto definitivo do plan, que contaba inicialmente cunha dotación de 4,8 millóns de euros para acometer obras en distintos concellos da provincia.

Ó remate do pleno a voceira do Partido Popular, Elena Candia pediu a dimisión do presidente Darío Campos por consideralo “incapaz” de gobernar a deputación. Campos, defendíase argumentando que o Goberno provincial decidiu levar ao pleno dito plan antes da aprobación definitiva dos orzamentos para axilizar a súa tramitación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com