" />

O Goberno Municipal di que convocou todas as prazas que a lei lle permite

O Concello de Lugo ven de emitir unha nota informativa para aclarar algúns puntos en relación a Oferta de  Emprego Público para o 2016, logo das críticas realizadas pola oposición.

A nota enviada aos medios de comunicación manifesta o seguinte:“Segundo a Lei de Racionalización e Sostibilidade, aprobada o 27 de decembro de 2013 polo Partido Popular, as Administracións  soamente poderán convocar un número de prazas equivalente ao 100% das baixas –no ano anterior- dos efectivos dos Policías Locais e Bombeiros.  É dicir, na oferta de emprego deste 2016, tomaríanse en consideración os xubilados no 2015. Dado que non houbo xubilacións no corpo da Policía Local o ano pasado, a chamada Lei Montoro, impide á entidade local convocar novas prazas. Si pode convocar prazas de promoción interna, co fin de facilitar a carreira profesional na Administración Municipal, e esta oferta inclúe 6: inspector pricipal, tres inspectores e dous oficiais”.

 E continua “deste xeito, convocada a promoción de 2 oficiais, libérase (para o vindeiro ano) dúas plazas de axentes, que poderán ser convocadas na Oferta de Emprego Público para o 2017. Hai que lembrar que no pasado 2015 convocáranse 2 prazas de axente de Policía Local.

No que se refire a bombeiros, no pasado ano xubiláronse 6 (un sarxento e 5 bombeiros). Dado que a de promoción interna non computa dentro do límite de prazas derivado da taxa de reposición de efectivos, convócanse 6 prazas de bombeiros, que sumadas as 6 convocadas o pasado ano (e cubertas por interinos), son 12 bombeiros.

Polo tanto, o Concello de Lugo convoca as prazas públicas máximas que a Lei lle permite”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo