" />

O Goberno responde ao PP: “na Ordenanza de Circulación buscaremos o consenso”

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo vén de responder ás últimas declaracións do Partido Popular nas que á hora de modificar a Ordenanza de Circulación. “Trátase dunha modificación puntual que realizamos para que, coincidindo co repintado da sinalización horizontal, se realicen unha serie de adaptacións”, indicou o Vicealcalde.

“Unha vez estas modificacións se aproben, dende a área de Mobilidade comezaremos a traballar en adaptar a ordenanza para recoller nela os avances en mobilidade, como os VMP, e as modificacións que recollerá a nova lei de tráfico estatal”, indican dende o Goberno onde explican que, para a nova ordenanza “teremos en conta as propostas da corporación e buscaremos consenso para a súa aprobación”. O Tenente de Alcalde indicou que “no ano 2020 vanse facer cambios profundos na mobilidade de Lugo e este é o que dá o comezo”, ao respecto da transformación da mobilidade na que a área de Mobilidade está a traballar actualmente, cos procesos de peonalización de Quiroga Ballesteros e da Ronda da Muralla.

O Tenente de Alcalde aclarou que se trata de “dar resposta ás solicitudes da veciñanza” e de adaptar a sinalización á mobilidade actual. A área de Mobilidade do Concello adaptará os pasos de peóns para evitar resbalóns e caídas de ciclistas e motoristas así como o repintado das prazas para persoas con mobilidade reducida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo