Despois da decisión tomada polo equipo de goberno o 29 de xullo, Cidadáns Lugo entende que é o momento de iniciar a tramitación administrativa para a elaboración dunha nova ordenanza para regular este servizo sen mais demora e causando o menor prexuízo a cidadanía. “Cremos que é necesario poñerse a traballar con esta medida de forma urxente, recordándolle o equipo de goberno que, neste caso, ten que contar co resto de grupos da oposición, xa que, de outro modo, a súa proposta non sairá adiante”, comentou a portavoz de Cidadáns, Olga Louzao. “Esta vez si que precisa do resto de grupos, así que contamos con que o diálogo do que se presume, esta vez si se levará a cabo”.
Por outra banda, na proposta de Cidadáns solicítase a realización dun estudio xurídico, técnico e económico sobre as diferentes posibilidades de xestión deste servizo, para permitirlle ao Pleno tomar unha decisión obxectiva acerca da mellor forma de xestión. “É indispensable tomar decisións baseadas en datos obxectivos e aproveitar este momento para estudar cal é a mellor forma de xestión, non cerrándose a unha única opción, tendo en conta, ademais, que o resto de grupos políticos presentes na Corporación presentaron distintas alternativas para a súa xestión. O Goberno debe escoitar á oposición”, explicou Louzao.
Cidadáns Lugo denuncia o proceder do goberno actual en canto a toma de decisións e no xeito de actuar “como se gobernasen en maioría, sabendo que só contan con oito representantes e deben ser respectuosos cos cidadáns de Lugo que confiaron noutros partidos” e piden ao goberno que ademais de pronunciar palabras como consenso hai que aplicalar o seu significado no día a día.