O Grupo Municipal do PP denuncia pagos do Concello por valor de 1,3 millóns de euros nun solo mes a empresas sen contrato

A edil do grupo municipal popular, Isabel Devesa, denunciou esta mañá que o Concello de Lugo pagou en apenas un mes, máis de 1,3 millóns de euros en facturas con reparos de legalidade.

A popular explicou que a alcaldesa levantou os reparos de legalidade que interpuso a intervención municipal pola prestación de 23 servizos nos que, segundo consta no decreto de autorización de pagos, se considera “necesaria a tramitación administrativa do expediente, así como a garantía da verificación da adecuación dos prezos ao mercado”, ao resultar de condicións ofertadas nos procedementos de licitación que derivaron de contratos finalizados algún deles, dende fai máis dun mandato.

A este respecto, a edil popular criticou que a alcaldesa “segue reducindo as inversións a mínimos históricos e, ao tempo, dispara este importe que se paga por traballos sen contrato”, pese, segundo afirmou Devesa, ás reiteradas advertencias da intervención municipal.

Finalmente, a concelleira puntualizou que “esta cifra vén a sumarse aos 1,9 millóns euros que a alcaldesa pretendía que o pleno validase pese a non contar cos informes favorables”, en alusión ao recoñecemento extraxudicial de crédito que trasladou.

A este respecto, Devesa insta aos socialistas a levar ao próximo pleno todas as facturas pendentes coas comprobacións que aseguren que esos servicios se prestaron nas condicións indicadas para que os proveedores poidan cobrar os traballos que realizaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com