O MIHL expón dende hoxe a mostra itinerante ‘Omni Tempore’

A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este mércores a nova mostra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), Omni Tempore, do pintor arxentino afincado en Lugo Juan Pablo Mastroianni.

No acto de presentación, Basadre destacou que “o MIHL, sen deixar de ser un museo histórico, estase a converter nun centro de referencia para as artes contemporáneas”. A Concelleira fixo fincapé no feito de que “o mesmo espazo sexa capaz de acoller coa mesma naturalidade mostras de caracter histórico, intervencións artísticas, como a recente Arte con Agri-cultura, Ponme de terre, A Pataca; ou exposicións figurativas como esta que hoxe presentamos, de marcado carácter abstracto”.

A edil insistiu na “importancia que está a acadar no circuíto artístico da cidade este espazo espositivo, que recibiu máis de 300 visitas no pasado mes de xullo, converténdose no 4ª museo do Concello máis visitado”. Pola súa banda, Mastroianni agradeceu ao Concello a súa disposición por acoller na súa cidade as súas obras, ao tempo que convidou a todos os lucenses a descubrir a alegría, a tristeza ou a nostalxia que representa nas súas pinturas.

A traveso da mirada artística de Mastroianni, os visitantes de Omni Tempore poderán observar preto de medio cento de pinturas, abertas a diferentes interpretacións, que reflexan o paso do tempo en rostros femininos figurativos. Entre as obras que se poden ver, realizadas cunha técnica mixta, empregando tintas degradables, lixibias, iodo, goma arábica, témperas ou acrílico, entre outras; destacan El pecado y sus arrepentimientos, un rostro rodeado doutros rostros que ameazan con perdoar ou non o pecado; Tus miedos, única obra na que figura un rostro masculino, ou o collage El juramiento. Nesta mostra itinerante, que chega ao MIHL tras recorrer preto dunha decena de espazos expositivos, tamén se poderán observar paisaxes.

Omni Tempore poderase visitar ata o 14 de setembro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 22:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com