" />

O neoiorquino Willie Nile ofrece mañá un concerto no Clavicémbalo

O músico neoiorquino Willie Nile ofrecerá mañá ás once da noite un concerto no clube Clavicémbalo. Nile regresa a España cun novo disco baixo o brazo, o décimo terceiro da súa carreira, distinto a todo o seu traballo anterior.

Con este concerto, Willie Nile comeza unha longa xira que o levará por varios recunchos de España, onde non faltará nin a emoción nin o espírito que sempre entrega nos seus directos.

“Nativo de Buffalo, foi descuberto no Greenwich Village neoiorquino e apoiado por unha excelente crítica no New York Times, edita o seu primeiro disco en 1980 e embárcase nunha xira con The Who. Poucos meses máis tarde, os Rolling Stones tomaron “prestado” o seu tema She’s So Cold e incluírono no seu disco Emotional Rescue.

As súas cancións combinan a partes iguais poesía, inxenuidade, honestidade e o rock and roll máis clásico. Editou catro discos que recibiron a clásica combinación de excelentes críticas e poucas vendas. Despois de oito anos desenganado das multinacionais, decide crear o seu propio selo e editar o ep Beautiful Wreck Of The World, acompañado dunha banda na que destaca o guitarrista Andy York.

En 2006 edita Streets Of New York, que confirma a reactivación da súa carreira que continúa en 2009 co ep House Of A Thousand Guitars. Editáronse tamén un par de directos, e en 2010 publícase The Innocent Ones“.

(www.rockamericano.com)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo